martes, 15 de mayo de 2012

Galicia caníbal




Comeza a ser unha cuestión de supervivencia, falar galego. De supervivencia se é que se considera importante que Galicia exista. Se nos resulta indiferente, podemos deixalo aquí. Nunca fixemos nesta casa un comentario en galego, a lingua vehicular da emisora é o castelán, explicamos de forma habitual, partindo da base, que pode resultar errónea, de que é a que a xente utiliza de forma maioritaria na Coruña. Outra cousa é que teñamos esquecido ou arrinconado o galego, cousa que nunca fixemos. Porque sabemos que as linguas suman, nunca restan, fan a mente máis áxil, as persoas máis ricas e amplían o campo de visión. Abren mercados, todo o mundo galegoportugués espera os nosos libros, os nosos discos, se os houber. E sobre todo o galego é unha herdanza que se nos legou e que, se non se apoia, e non se está apoiando, está en situación de clara inferioridade. É mesquiño deixalo ir sen mais. E mais mesquiño non facer nada para evitalo tendo o poder. Por favor, fálenlle galego aos seus fillos. Porque o peor que lle pode pasar a unha lingua é verse envolta polo silencio.

Con iso de que volveron Os resentidos escoitemos Galicia Caníbal. En referencia a un pobo que é capaz de falar da súa lingua propia coma se fora algo alleo, "el gallego", con responsabilidades compartidas tamén da que suscribe, por suposto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario